InicioEconomía(VÍDEO) Obreiros de Alcoa cortan a autovía Vilalba-Ferrol para reclamar a continuidade...

(VÍDEO) Obreiros de Alcoa cortan a autovía Vilalba-Ferrol para reclamar a continuidade do aluminio

Os traballadores paralizaron o tráfico na AG-64 á altura de Xermade nunha nova protesta contra o despedimento colectivo anunciado pola multinacional

Publicada o

- Advertisement -

Obreiros de Alcoa San Cibrao cortaron este venres con barricadas de pneumáticos o tráfico na autovía Vilalba-Ferrol (AG-64), á altura do quilómetro 42,3, no municipio de Xermade. Trátase dun punto próximo ao enlace de Cabreiros, onde conflúen as estradas LU-540, que vén de Viveiro pola Gañidoira, e LU-170. O corte da circulación comezou ás 10.29 horas, segundo os datos do mapa interactivo da Dirección General de Tráfico (DGT). Ao peche desta información, ás 14.15, quedara restablecido.

Trátase dun novo acto de protesta do persoal na súa pelexa por manter a produción e o emprego na planta de aluminio do complexo industrial de Cervo, onde a multinacional anunciou un despedimento colectivo con ata 534 afectados, unha medida que afectaría tamén a alomenos 400 operarios das empresas auxiliares.

Para que o tráfico non quedase interrompido, a Garda Civil habilitou desvíos alternativos pola estrada LU-861, a vía que comunica Vilalba coa localidade das Pontes de García Rodríguez.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...